Referencia: |
060009 |
Nomenclator: |
3207801 |
Coord. UTM: |
x: 61460888 y: 466405797 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
BRESMAUS |
Lugar: |
Portela da Quinta, A |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira, cimentado nunha soleira, que se ergue sobre tres pares de esteos pétreos troncopiramidais coas arestas achafranadas e sobre tres tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais troncocónicos. Presenta cámara de madeira, con porta nun dos penais (aínda que non a conserva) e doelas verticais enlazadas por unha faixa horizontal nos costais e no penal traseiro. A cuberta ten armazón de madeira e tella francesa e voa polos catro lados. As padieiras están reforzadas con táboas e os seus laterais serven de apoio aos puntais que suxeitan a cámara.