Canastro 2

mapa ficha

Referencia:

060010

Nomenclator:

3207801

Coord. UTM:

x: 61461112 y: 466406423

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

BRESMAUS

Lugar:

Portela da Quinta, A

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 2

Descrición:

Canastro de madeira cimentado nunha soleira e levantado sobre dous pares de esteos prismáticos, de sección cadrada e coa base inferior máis ancha. Dous tornarratos lonxitudinais de sección rectangular e cos laterais troncocónicos serven de apoio á cámara. Esta é de madeira e presenta porta a base de táboas horizontais no penal Sur. Nos lados costais e no outro penal a cámara está cerrada con doelas verticais ben traballadas e enlazadas por dúas faixas verticais e unha horizontal. A cuberta ten armazón de madeira e tella curva e voa polos catro lados, estando reforzada nunha das súas esquinas por un puntal apoiado no tornarratos. Nun dos esquinais do cumio do tellado presenta un pau vertical que seguramente nalgún tempo estivese formando parte dunha cruz.

volver a búsqueda