Referencia: |
060012 |
Nomenclator: |
3207801 |
Coord. UTM: |
x: 61463417 y: 466402941 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
BRESMAUS |
Lugar: |
Portela da Quinta, A |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira levantado sobre dúas cepas caleadas, que se asentan en cadanseu muro de perpiaño, e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais troncocónicos. A cámara é de madeira, presenta restos de pintura vermella e está cerrada nos costais por doelas verticais ben traballadas e enlazadas por dobre faixa horizontal e vertical. Os dous lados penais presentan cadansúa porta, destacando a Norte coas doelas dispostas a modo de espiña de peixe e con barrotes labrados na parte superior. A cuberta ten armazón de madeira e tella curva e voa sobre os catro lados. A cámara está reforzada por puntais apoiados nos tornarratos. Este canastro antigamente estaba situado na eira comunal.