Referencia: |
060014 |
Nomenclator: |
3207801 |
Coord. UTM: |
x: 61462326 y: 466404341 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
BRESMAUS |
Lugar: |
Portela da Quinta, A |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Forno |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Edificio de planta rectangular, con muros de cachotería asentada en seco e cuberta a dúas augas con armazón de madeira e tella curva. O interior está cheo de rebo, debido ao derrubamento de parte do tellado, e presenta vaso do forno circular, adosado a un dos esquinais e coa borralleira nun lateral, e unha artesa de madeira bastante destrozada. Os muros laterais albergan lacenas e unha xanela tapiada con ladrillo.
Está situado no centro da aldea, nun pequeno altiño, existindo uns chanzos realizados con perpiaños irregulares asentados directamente sobre a pendente para facilitar o acceso.