Ermida de Nosa Señora da Portela

mapa ficha

Referencia:

060016

Nomenclator:

3207801

Coord. UTM:

x: 61378469 y: 466437576

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

BRESMAUS

Lugar:

Portela da Quinta, A

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Ermida de Nosa Señora da Portela

Descrición:

Edificio de planta rectangular, dunha soa nave de dous tramos, con presbiterio destacado en planta e en altura e cuberta de tella francesa. O corpo do presbiterio, obra do s. XVIII e levantado con perpiaño sobre zócolo, presenta vans abucinados nas fachadas laterais e cuberta a catro augas con pináculos nas esquinas. A nave érguese con muros de cachotería, combinados na fachada principal e na Sur cunha sinxela reixa de madeira. Cubrindo estas dúas fachadas dispónse un pórtico sobre cinco columnas, presentando nunha das frontais unha Virxe tallada e nas laterais capiteis románicos reaproveitados. Un dos perpiaños da fachada principal ten inscrita a data de 1686, aínda que é dificil distinguir se estamos ante un elemento orixinal ou reaproveitado.
 
No libro de visitas da parroquia de Cortegada, aparece como unha das capelas da feligresía (Libro 45-7-6, folio 49 volto)
 
Segundo se recolle nun artigo de La Región de 1984, nesta ermida "consérvase un brazo relicario de madeira tamén barroco con reliquia que se dí de San Fortunato". En visita pastoral á parroquia de Cortegada en 1789, dise que na Ermida de Santa María de Portela da Quinta  "[.. ..] en la que ay una reliquia insigne, brazo de San Fortunato martyr".
  
 
BIBLIOGRAFÍA:
- JUANA de, J. , A Alta Limia. (A Terra que medrou vencellada a unha lagoa) .  Ir Indo, Vigo, 1993, p.103.
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el  inventario del mobiliaio litúrgico de la diocesis de Orense.. Fundación Barrié de la Maza. Pontevedra, 1983, p. 255
 
DOCUMENTACIÓN:
- "El Delegado de Cultura visitó cuatro capillas en San Juan de Cortegada" en La Región, Xoves 4 de Outubro de 1984.

volver a búsqueda