Referencia: |
060017 |
Nomenclator: |
3207803 |
Coord. UTM: |
x: 613538 y: 4664508 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CORTEGADA |
Lugar: |
Meilás |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Xacementos Romanos |
Subtipo: |
Xacemento Romano |
Etapa Histórica: |
Época Romana |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
A parcela chamada "A Santa María" está situada na marxe esquerda da estrada que une a aldea de Meilás coa da Portela da Quinta, a uns 200 m. da Ermida de Nosa Señora da Portela. Nestas terras, que outrora foron de labradío e hoxe están a monte, localizáronse, na prospección realizada por Mª Isabel Peralta e por Mª Ángeles López no ano 1990, numerosos fragmentos de tégula de pastas amarelas e alaranxadas, tendo un deles "unha marca facendo un semicírculo e outros con pestanas". Estes restos evidencian a existencia dun xacemento de filiación romana, cuxa dimensión e características son difíciles de determinar.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Invenario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia.. Clave de identificación: GA32078010