Referencia: |
060022 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61573421 y: 466667552 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Codosedo |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira apoiado no cerramento dunha vivenda e levantado sobre o portal de entrada que dá acceso a esta. Presenta cepas pétreas realizadas con dous perpiaños superpostos e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais troncocónicos. A cámara é de madeira, pintada de cor vermella, con porta de táboas horizontais nun dos penais, e doelas verticais ben traballadas e enlazadas por catro faixas verticais e dúas horizontais nos costais e no outro penal (este último só presenta as dúas horizontais). A cuberta, con armazón de madeira e tella curva, ten beirado con tornaventos, estando este traballado nos lados penais. Sobre o pinche dos lados menores presenta cruz sinxela de madeira.