Canastro 9

mapa ficha

Referencia:

060028

Nomenclator:

3207802

Coord. UTM:

x: 61583012 y: 466685863

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CODOSEDO

Lugar:

Codosedo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 9

Descrición:

Canastro de madeira levantado sobre dous pares de esteos troncopiramidais, que se adaptan ao desnivel do terreo para manter a estrutura nivelada, sendo así os dianteiros maís baixos. Os tornarratos son lonxitudinais de sección rectangular e cos laterais tendentes a semicirculares. A cámara é de madeira, con porta de táboas horizontais nun dos penais, e está cerrada nos costais e no outro penal por doelas verticais que, no primeiro caso, están enlazadas por tres faixas verticais e dúas horizontais, e, no segundo, só por dúas horizontais. A cuberta, con armazón de madeira e tella curva, ten beirado con tornaventos. Catro puntais apoiados sobre un traveseiro disposto sobre as padieiras reforza a estrutura.

volver a búsqueda