Referencia: |
060031 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61555923 y: 466667592 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Codosedo |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira levantado sobre dúas cepas pétreas e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular. A cámara é de madeira, con porta de listóns verticais nun dos lados penais e está cerrada con doelas verticais enlazadas por tres faixas horizontais nos costais e no penal traseiro. A cámara, que sofre unha lixeira inclinación, está reforzada nos esquinais por puntais apoiados en traveseiros dispostos encol das padieiras. A cuberta, con armazón de madeira a dúas augas e tella curva, presenta beirado nos catro lados.