Referencia: |
060032 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61562410 y: 466666496 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Codosedo |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira que está apoiado no cerramento exterior dunha vivenda e levantado sobre o portal de entrada que dá acceso a esta. Aséntase sobre tres cepas de perpiaño e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais troncocónicos. A cámara é de madeira, con porta de listóns verticais nun dos penais e está cerrada nos costais e no outro penal por doelas verticais que, no primeiro caso, están enlazadas por cinco faixas verticais e dúas horizontais, e, no segundo, só por dúas horizontais. A cámara está reforzada nos laterais da parte dianteira por puntais e arame. A cuberta, con armazón de madeira a dúas augas e tella curva, ten beirado nos catro lados con tornaventos nos penais. Conserva restos de pintura azul na porta.