Referencia: |
060035 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61578694 y: 466686802 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Codosedo |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Casas Reitorais |
Subtipo: |
Casa Reitoral |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Edificio de desenvolvemento perpendicular, de dúas alturas e cuberta con armazón de madeira a dúas e tres augas con tella curva. Os muros están levantados con perpiaño, sendo nalgúns casos concertado. Na fachada Sur presenta unha galería de madeira, coa parte inferior pechada con listóns verticais e a parte superior aberta con ventás. A fachada Leste dá a un patio interior, ao que se accede por un portón, ao Sur, e que se cerra ao Leste coa chamada Casa das Ánimas, unha construción de planta rectangular de perpiaño que doou unha veciña solteira do pobo para que os curas tivesen misas polas ánimas dos defuntos.
No ángulo interior que conforman os dous corpos da vivenda construíuse, en 1860 (segundo unha inscrición existente no lintel da porta), unha capela adosada. Trátase dunha pequena edificación de planta rectangular, con orientación N-S, realizada con perpiaño de boa calidade e con cuberta dunha soa vertente. No seu interior conserva unha pía de auga bendita, á esquerda da porta, e restos de policromía nas paredes. Estaba adicada á Virxe das Dores.
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
Libro de contas de fábrica, 45-6-10, (Averiguación dunha casa para vivenda dos curas).