Muíño do Rubio (Manuel Durán)

mapa ficha

Referencia:

060036

Nomenclator:

3207802

Coord. UTM:

x: 61602359 y: 466645242

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CODOSEDO

Lugar:

Codosedo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño do Rubio (Manuel Durán)

Descrición:

Muíño de canle, de planta rectangular, con muros de cachotería encintada e tellado a una vertente con armazón de madeira e tella curva. O muíño conta con dous tremiñados superpostos, froito dunha antiga ampliación do edificio orixinal, separados por un piso de madeira e aos que se accede por cadansúa porta situadas nas fachadas Oeste (o inferior) e Sur (o superior). Cada tremiñado conta coa súa moa. A superior, ten o seu rodicio nun espazo habilitado no tremiñado inferior, ao que se accede pola fachada Leste, e abastécese de auga por unha lovada pétrea que desemboca nunha canle tamén pétrea. Pola súa parte, a inferior ten o rodicio no inferno, con saída na fachada Norte, e abastécese de auga por unha lovada pétrea que ten a súa entrada pola fachada Leste, preto do rodicio superior. Deste xeito, os rodicios están dispostos en línea pero a alturas diferentes, caendo a auga do superior no inferior. Dos elementos de trituración só se conservan os pés e as moas, estando as moegas destrozadas.

volver a búsqueda