Foxo dos lobos

mapa ficha

Referencia:

060040

Nomenclator:

3207802

Coord. UTM:

x: 61625932 y: 466738598

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CODOSEDO

Lugar:

Codosedo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de caza e pesca

Subtipo:

Foxo

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Foxo dos lobos

Descrición:

Trátase dunha construción destinada á caza do lobo, consistente nun foxo, escavado no terreo e recuberto con muros de cachotería en seco, do que parten dous muros en forma de V, chamados sebes, realizados con cachotería e de 2-3 metros de alto por 0,5 km de longo, aproximadamente. Actualmente, esta construción está moi desfigurada, pois o foxo foi atoado e sobre el plantouse un carballo e as partes dos muros máis próximas ao foxo foron desfeitas, utilizando as pedras nos cerramentos das fincas do contorno.
 
A batida do lobo era unha actividade comunal, na que os veciños conducían aos lobos polas sebes, correndo tras eles con berros e ruídos producidos por paus e latas, ata facelos caer nos foxos, onde lles daban morte.
 
Está situado ao Norte de Codosedo, á dereita da estrada que une esta aldea coa de Ameá.

volver a búsqueda