Referencia: |
060042 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61565044 y: 466667961 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Codosedo |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Capelas |
Subtipo: |
Capela |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Edificio de planta rectangular, con muros de perpiaño irregular encintados e cuberta a dúas augas con tella francesa, que se atopa adosado a outras vivendas. A fachada principal, orientada ao Noreste, presenta porta alintelada enmarcada en bandas lisas e flanqueada por dúas ventás rectangulares, unha a cada lado. Na parte superior dispóñense tres ventás de aluminio, unha delas enmarcada tamén en bandas lisas que puidera corresponder á fábrica orixinal. Nos esquinais dispóñense sendas pilastras sustentando un entaboamento liso. Remata a fachada cunha cornixa pétrea con dúas gárgolas de sección circular no lado dereito.
No testamento de Don Antonio e Novoa faise unha descrición de cómo era a capela orixinalmente: "y haviendola fabricado de piedra con su espadaña con su arco para la canpana que remata sobre el con una cruz y dos bolas a los lados de cantería , y dicha fábrica a pila maradas las esquinas con sus basas, capitelse y su cornisa de talla con sus remates y bolas todo de cantería labrada y tiene treinta pies de largo y dieziocho de ancho, y treinta palmos de alto cubierta de madera y texa con sus puertas y zerraduras" (Testamento de Don Antonio Taboada Novoa y Feijoo, 45-6-12, folio 48 volto).
Sobre a porta de entrada, dúas inscricións superpostas. A inferior, nunha placa elíptica orlada con decoración vexetal, dí :
"ESTA CAPILLA HIZO Y DOTO
Dn ANTONIO TABOADA Y NOVO-
A FEYJO DE QUE ES UNICO PATRO-
NO CON APROVACION DEL REY Y N S
Y SV RL CONSEJO DE LAS ORDENE-
S & AÑO DE 1720 &"
Pola súa parte, a inscrición superior preséntase nunha placa cadrada con decoración xeométrica e nela pódese ler:
" +
IHS MAR
JOSEPH"
No interior da planta baixa, á esquerda da porta, consérvanse os restos dunha pía labrada no propio muro que foi repicada.
No libro de fábrica da parroquia, dase conta na visita do 3 de agosto de 1728 da: " hermita de Nuestra Señora de la Concepción que es propia de Don Antonio Taboada y Noboa vecino de la Feligresía. Se encuentra en el casco de esta Villla de Codosedo, la encontró con mucho aseo y limpieza" ( Libro de contas de fábrica, 45-6-10, visita 13 de novembro de 1732, folio 128).
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
Libro de contas de fábrica, 45-6-10.
"Testamento de Don Antonio Taboada y Noboa", 1743, 45-6-12.