Xacemento dos Castros

mapa ficha

Referencia:

060043

Nomenclator:

3207802

Coord. UTM:

x: 61608431 y: 466672268

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CODOSEDO

Lugar:

Codosedo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento dos Castros

Descrición:

Trátase dun castro de ladeira, de boas proporcións, situado a uns 720 m. de altitude sobre o nivel do mar. Presenta forma circular, cun eixo máximo de 150 m., e cume chairo con inclinación cara o Norte. Posúe boas defensas naturais, que se ven reforzadas no Leste por dúas liñas de foxo con escarpa e contraescarpa duns 7 m. de altura máxima. Ao Norte e Noroeste presenta dúas plataformas, cinguidas ao exterior por uns terrapléns duns 5 m. de altura. Ao Sur, a apertura dunha pista alterou en parte o sistema defensivo nesta zona.
 
Na croa pódese observar a existencia dun muro de cachotería duns 46 cm. de longo por 1,20 de alto. Así mesmo, tamén aparecen anacos moi pequenos de cerámica e tégula en superficie.
 
O castro ten unha ampla visión panorámica da Lagoa de Antela, divisándose dende él os castros de Padreda (Vilar de Barrio) e de Cerdeira (Allariz-Xunqueira de Ambía).
 
Accesos:  En Codosedo, no barrrio de Cimadevila (situado ao Noreste da Igrexa parroquial), cóllese un dos dous camiños que parten en dirección Norte e Leste, pois ambos levan ao castro.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia, 2007. Clave de identificación: GA32078009.

volver a búsqueda