Capela de San Pedro

mapa ficha

Referencia:

060050

Nomenclator:

3207802

Coord. UTM:

x: 61550425 y: 466582018

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CODOSEDO

Lugar:

Pazos

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Pedro

Descrición:

Edificio de planta rectangular, dunha soa nave e cuberta a dúas augas con tella francesa. Os muros están levantados con perpiaño na metade traseira e con formigón na dianteira, sendo esta parte, o resultado dun engadido posterior. A fachada principal, froito destas obras de ampliación, presenta porta de madeira con montante flanqueada por dúas ventás con reixa; e remata cunha espadana, dun só arco con pináculos e cruz latina, que se supón da antiga construción. A capela foi restaurada en 1977 gracias á doazón dun veciño, D. Constantino Losada Losada.
 
A capela foi trasladada a súa actual localización dende o denominado Monte de San Pedro, situado ao Leste de Pazos. Segundo os libros parroquiais, en 1714 atópase en estado ruinoso, instando o obispado aos responsables e herdeiros de Inés López Rodríguez, de Pazos, para que a reparen e dando autorización a que a trasladen a un lugar máis preto á aldea: "Y asimismo an concurrido algunos vecinos de dicho lugar de paços delante su merced y le an representado la dicha hermita de San Pedro está toda cayda y derotada y distante del lugar y dandole su merced licencia asi a los patronos como a los vecinos de dicho lugar para mudarla junto a  dicho lugar" (Libro de contas de fábrica, 45-6-10, visita do 15 de agosto de 1714, folio 72). En visita do 3 de agosto de 1728, séguese insistindo no mal estado e "indezencia" no que está a ermida, dándolle aos veciños dous meses de prazo para reparala (Libro de contas, 45-6-10, visita do 3 de agosto de 1728, folio 114 volto). Na visita do 13 de novembo de 1732, a situación da ermida cambia sustancialmente: "Visitó su Merced la hermita de San Pedro de Pazos la que allo con un retablo nuevo, con su frontal en el altar, y todo ello de forma que dezentemente se puede dezir y zelebrar missa en ella quando se ofrezca" (Libro de contas de fábrica, 45-6-10, visita do 13 de novembro de 1732, folio 128). En 1756 non se fixeron os reparos necesarios e faise constar o interese dos veciños por aproximar a ermida ao "casco do lugar" (Libro de contas, 35-6-10, visita do 6 de outubro de 1756, folio 181).
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
    Libro de contas de fábrica, 45-6-10.

volver a búsqueda