Grupo de 2 canastros

mapa ficha

Referencia:

060053

Nomenclator:

3207802

Coord. UTM:

x: 61555676 y: 466570789

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CODOSEDO

Lugar:

Pazos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Grupo de 2 canastros

Descrición:

Conxunto de dous canastros de madeira, en mal estado de conservación, situados no Sueste da aldea.
 
O prirmeiro (Canastro 1) levántase sobre tres cepas pétreas realizadas nunha soa peza e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais traballados; a cepa do medio é máis baixa, polo que leva enriba do tornarratos un traveseiro de madeira. Presenta cámara de madeira, con porta nos dous lados penais (a base de táboas horizontais e verticais, respectivamente) e con doelas verticais enlazadas por faixa en cruz nos costais. A cámara está reforzada nas catro esquinas por puntais apoiados sobre traveseiros dispostos encol das padieiras. A cuberta, con armazón de madeira e tella curva, ten beirado con tornaventos nos costais.
 
O outro canastro (Canastro 2) presenta dúas cepas pétreas realizadas nunha soa peza; tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais troncocónicos; cámara de madeira con porta nos dous lados penais a base de listóns verticais e doelas verticais enlazadas con dobre faixa horizontal nos costais; e, cuberta con armazón de madeira, tella curva e beirado con tornaventos nos penais. A cámara, moi inclinada, está reforzada nas catro esquinas por puntais apoiados sobre uns traveseiros dispostos encol das padieiras.

volver a búsqueda