Referencia: |
060054 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61554049 y: 466577993 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Pazos |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Conxunto de dous canastros (Canastro 3 e 4) situados no centro da aldea, na chamada "Aira da Rúa". Son dous exemplares moi semellantes, que presentan escasas diferenzas, sendo a máis notoria o mellor estado de conservación do Canastro 4.
Ambos os dous aséntanse sobre dous pares de esteos prismáticos de base máis ancha e sección cuadrangular coas arestas rebaixadas, e dous tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais troncocónicos. A cámara é de madeira nos dous casos, presentando porta nun dos lados penais a base de listóns verticais (Canastro 3) e de táboas horizontais (Canastro 4) e cerramento nos costais e no outro penal con doelas verticais enlazadas por faixa horizontal, que no Canastro 4 é dobre. A cuberta, con armazón de madeira e tella curva, ten beirado nos catro lados, presentando no Canastro 4 tornaventos nos lados penais.
Este último presenta ademáis a cámara pintada de cor verde e reforzada por puntais apoiados nuns traveseiros dispostos encol das padieiras.