Referencia: |
060055 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61552508 y: 466583204 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Pazos |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira levantado sobre dous pares de esteos prismáticos de sección cuadrangular e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais troncocónicos. A cámara é de madeira, con restos de pintura vermella, porta nun dos lados penais e cerramento con doelas verticais enlazadas por dobre faixa horizontal no outro penal e nos costais. Asemade está reforzada nos esquinais por puntais apoiados sobre traveseiros dispostos encol das padieiras. A cuberta, con armazón de madeira a dúas augas e tella curva, ten beirado nos catro lados.