Referencia: |
060056 |
Nomenclator: |
3207802 |
Coord. UTM: |
x: 61556280 y: 466584258 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CODOSEDO |
Lugar: |
Pazos |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro de madeira levantado sobre tres pares de esteos prismáticos de seccións cadradas e troncopiramidais, e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais traballados, excepto no traseiro. A cámara é de madeira, co oco da porta nun dos lados penais (a porta consérvase en mal estado dentro da propia cámara), e doelas verticais enlazadas por dobre faixa horizontal nos costais e no outro penal. A cuberta, con armazón de madeira a dúas augas e tella curva, ten beirado con tornaventos. Nos extemos das dúas soleiras e da trabe do cumio da cuberta presenta unhas pequenas pezas de madeira, a modo de pirámide invertida, como decoración.