Canastro 1

mapa ficha

Referencia:

060065

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 61234806 y: 466405863

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Cortegada

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 1

Descrición:

Canastro de madeira levantado sobre dous pares de esteos prismáticos, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas, asentados en soleiras, e tornarratos lonxitudinais, de sección rectangular cos esquinais semicirculares. A cámara é de madeira, pintada de cor granate, con porta nun dos lados penais e cerramento con doelas verticais enlazadas por unha faixa horizontal no outro lado penal e nos costais, presentando ademáis nestes últimos catro, faixas verticais que se prolongan por debaixo das padieiras. A cuberta, con armazón de madeira a dúas augas e tella curva, ten beirado con tornaventos nos lados penais. A estrutura está reforzada no penal dianteiro por puntais apoiados nun traveseiro disposto sobre as padieiras.

volver a búsqueda