Canastro 2

mapa ficha

Referencia:

060066

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 61233250 y: 466405753

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Cortegada

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 2

Descrición:

Canastro de madeira que se ergue sobre tres cepas de granito, realizadas con dúas pezas superpostas cos laterais traballados de forma cóncava, e tornarratos lonxitudinais, de sección rectangular  e cos laterais troncocónicos. A cámara é de madeira, con porta nos dous lados penais (non conservadas) e nun dos costais a base de táboas horizontais. Está cerrada con doelas verticais enlazadas por unha faixa horizontal e dúas verticais. A cuberta, con armazón de madeira a dúas augas e tella curva, presenta beirado nos catro lados. A estrutura está reforzada nun dos penais, con puntais apoiados nun traveseiro disposto sobre as padieiras, e nos costais, con listóns e táboas.

volver a búsqueda