Capela de San Roque

mapa ficha

Referencia:

060069

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 61242237 y: 466404057

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Cortegada

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Roque

Descrición:

Edificio de planta rectangular, dunha soa nave, con muros de perpiaño encintados e cuberta a tres augas con armazón de madeira e tella curva. Nos paramentos laterais pódense diferenciar dous tramos, correspondentes coa parte traseira, a máis antiga, e a dianteira, a máis recente é froito dunhas obras de ampliación da capela. A fachada principal é sinxela e presenta porta de arco rebaixado e flexionado nos extremos flanqueada por dous vans rectangulares con balaústres pétreos.
 
Na visita pastoral de 1679, cítase a ermida de San Roque, xunto coas de San Nicolás, San Roque, San Pedro e Nosa Señora da Portela (libro 45-7-5, folio 49 volto).
 
En 1687 o Abade fai un retablo que el mesmo sufraga, tamén fai as columnas do cabildo e a pila da auga bendita. As reixas e o alargamento da nave sufragárona os veciños neste mesmo ano (Libro 45-7-6, folio 5)  
 
En 1856 mándase que se constrúa unha espadana pequena, que non conserva, e se restaure o retablo (Libro 45-7-5, folio 161 volto).
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- "El Delegado de Cultura visitó cuatro capillas en San Juan de Cortegada" en La Región, Xoves 4 de Outubro de 1984, Ourense.
- A.H.D.OU.
     Libro de Contas de fábrica 45-7-5.
     Libor de Primicias 45-7-6.

volver a búsqueda