Casa reitoral de Cortegada

mapa ficha

Referencia:

060070

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 61242308 y: 466401244

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Cortegada

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa reitoral de Cortegada

Descrición:

A casa reitoral de Cortegada distribúese ao redor dun patio central, cerrado en todo o seu perímetro, ao que se accede por un portón situado ao Norte. A vivenda presenta planta en forma de L, resultado do adosamento de dous corpos perpendiculares, e cerra o patio polo Sur e o Oeste. Distribuída en dúas alturas, ten muros de perpiaño concertado e cuberta a dúas e tres augas con tella mixta. O acceso á planta superior realízase a través dunha ancha escaleira pétrea situada no corpo horizontal e que desemboca nun corredor. O corpo vertical presenta na súa fachada exterior unha galería de cemento con ventanais de ferro, apoiada en columnas de formigón.
 
Ao Leste e Norte do patio, dispóñense as construcións auxiliares: alpendres, palleiros, cortes, etc. Estas construcións presentan muros de perpiaño na parte exterior e están abertas na interior, apoiándose o tellado neste lado en grandes columnas cadradas feitas de perpiaño concertado. As cubertas teñen armazón de madeira e tella curva.
 
Aparece citada na visita do ano 1687:"[.. ..] tiene cassa esta yglesia que hizo dicho Bachiller D. Francisco Sanz de Solatorre. Abad que es al presente de que hizo donacion a la Yglesia. Que paso por delante Alonso Perz Buceta escrivano de numero desta jurisdiccion de Portela de Limia y vecino del lugar de Pena, otorgada en quatro del mes del presente"  (Libro 45-7-5, folio 734).
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- A.H.D.OU.
      Libro de Contas de fábrica 45-7-5.

volver a búsqueda