Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

060071

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 61242213 y: 466407105

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Cortegada

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Edificio de planta rectangular, con orientación O-L, muros de cachotería encintada e cuberta a dúas augas con armazón de madeira e tella curva. A entrada está protexida cun pórtico que descansa nun único piar central de perpiaño concertado. No interior, outro piar suxeita a cuberta e entre este e o muro lateral dereito sitúase o vaso do forno. Este está realizado en cachotería e presenta frontal recto, con lareira e chapilé apoiado sobre dous canzorros, e borralleira no lateral esquerdo. Consérvase ademais unha artesa de madeira.

volver a búsqueda