Referencia: |
060076 |
Nomenclator: |
3207803 |
Coord. UTM: |
x: 61145049 y: 466342768 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
CORTEGADA |
Lugar: |
Folgoso |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Conxunto de tres canastros de madeira, situados no Norte da aldea, ao pé da estrada que vai cara Xinzo de Limia.
O primeiro (Canastro 1), érguese sobre dous pares de esteos prismáticos, envoltos con sacos de plástico para que esvaren os ratos e apoiados en soleiras, e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais troncocónicos. A cámara é de madeira, con porta de táboas verticais nun dos penais e doelas verticais enlazadas por dobre faixa horizontal nos costais e no outro penal. A cuberta, con armazón de madeira a dúas augas e tella francesa, presenta beirado con tornaventos. A estrutura está reforzada por puntais apoiados nas padieiras e nos tornarratos. Conserva restos de pintura de cor granate.
O Canastro 2, tamén sobre soleira, presenta dous pares de esteos prismáticos, de base máis ancha e coas arestas rebaixadas; tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais rebaixados e semicirculares; cámara de madeira, con porta de táboas verticais nun dos lados penais e cerramento con doelas verticais enlazadas por dobre faixa vertical e horizontal nos costais e no outro penal; e cuberta con armazón de madeira a dúas augas, tella curva e beirado con tornaventos pintado de azul. A estrutura está reforzada con puntais apoiados nos tornarratos.
Por último, o Canastro 3 levántase sobre dous pares de esteos troncopiramidais e tornarratos lonxitudinais de sección rectangular cos laterais semicirculares. A cámara é de madeira, con porta de táboas horizontais nun dos penais e cerramento con doelas verticais enlazadas por dobre faixa vertical e horizontal nos costais. O penal traseiro está cerrado con doelas horizontais, na parte superior, e táboas tamén dispostas horizontalmente na parte inferior. A cuberta, restaurada, presenta armazón de madeira a dúas augas, tella curva, e beirado nos catro lados, apoiándose nos lados penais en puntais clavados nas columnas da estrurura. No costal esquerdo habilitouse unha pequena porta. A cámara esta reforzada con puntais e táboas.