Capela de San Nicolao

mapa ficha

Referencia:

060082

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 61164462 y: 466340789

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Folgoso

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Nicolao

Descrición:

Edificio de planta rectangular, dunha soa nave, con muros de cachotería encintada, que no lateral Sur combinan con perpiaños irregulares, e cuberta con armazón de madeira a tres augas e tella francesa. A fachada principal, cos esquinais de perpiaño concertado e o corpo central con bloques de formigón, presenta porta sinxela con dous vans. Cubre esta fachada un pórtico, prolongación do tellado, que se apoia en dous piares. No lateral esquerdo da fachada eríxese unha espadana dun só arco, rematada en cruz latina, coa data de 1932, ano de construción do seu tramo superior coa cruz.
 
No interior da capela consérvase unha ara romana que serve de pedestal a unha imaxe de San Antonio.
 
En visita pastoral de 1679 xa se cita esta capela, xunto coa de San Roque, San Pedro, e  Nosa Señora da Portela (Libro 45-7-5, folio 49 volto). En 1687 o Abade sufragou as mans e báculo do santo e o retablo (Libro 45-7-6, folio 5 volto).
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- "El Delegado de Cultura visitó cuatro capillas de San Juan de Cortegada", artigo en La Región, Ourense, Xoves 1 de Outubro de 1984.
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078ACH5.
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro de Contas (1648-1686). 45-7--5.
        Libro de Primicias (1686-1899.).45-7-6.

volver a búsqueda