Capela de San Pedro

mapa ficha

Referencia:

060087

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 61332534 y: 466439312

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Meilás

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Pedro

Descrición:

Edificio do século XVII, de planta rectangular, unha soa nave, muros de perpiaño e cuberta a dúas augas con armazón de madeira. Está en estado ruinoso dende hai máis de tres décadas, cheo de maleza e co tellado e a fachada principal derrubados. Así mesmo, segundo contan os veciños, as imaxes de Santos que existían están en santuarios veciños e que algunhas incluso foron vendidas.
 
Esta capela en orixe estaba situada no alto do monte chamado "O San Pedro", ao Sueste de Meilás, tal e como se recolle na visita pastoral de 1665: "[.. ..] por quanto su Ylma esta enterado que la hermita del señor San Pedro, que esta en la cumbre del monte esta mui mal parada indecente y amenazando ruina y que sin embargo se dice misa en ella  el dia del Bendito Apostol, mando su Ylma el Abad notifique a los feligreses la compongan [.. ..] y que si quisiesen los feligreses vaxaria a sitio mas a proosito [.. ..] da licencia [.. ..] se ponga una cruz"  (Libro 45-7-5, folio 26 volto). No ano seguinte os feligreses baixaron a capela á súa actual localización. O entón obispo Francisco Castañón, manda: "[.. ..] que reparta todo lo que fuere menester para amaderarla y cubrirla y ponerla decente "  Libro 45-7-5, folio 29).
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- "El Delegado de Cultura visitó cuatro capillas en San Juan de Cortegada", artigo en La Región, Ourense, xoves 4 de Outubro de 1984.
 
DOCUMENTACIÓN:
- A.H.D.OU.
         Libro de Contas de fábrica 45-7-5.

volver a búsqueda