Xacemento do San Pedro

mapa ficha

Referencia:

060088

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 613628 y: 4663652

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Meilás

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do San Pedro

Descrición:

O chamado monte de San Pedro está situado ao Sueste de Meilás. Nesta paraxe, hoxe cuberta de monte baixo con carqueixas, xestas e algúns carballos pequenos, outrora estivo emprazada a Capela de San Pedro antes de ser trasladada á súa actual ubicación, tal e como se recolle na visita pastoral de 1665, onde se dí: "[.. ..] por quanto su Yma esta enterado que la hermita del señor San  Pedro, que esta en la cumbre del monte esta mui mal parada indecente y amenazando ruina y que sin embargo se dice misa en  ella  el dia del Bendito Apostol, mando su Ylma el Abad notifique a los feligreses la compongan [.. ..] y que si quisiesen los feligreses vaxaria a sitio mas a proosito [.. ..] da licencia [.. ..] se ponga una cruz"  (Libro 45-7-5, folio 26 volto). No ano seguinte os feligreses baixaron a ermida ao lugar de Meilás. O entón obispo Francisco Castañón, manda: "[.. ..] que reparta todo lo que fuere menester para amaderarla y cubrirla y ponerla decente "  Libro 45-7-5, folio 29). Na actualidade, e a pesares da abundante vexetación, aínda se observan en superficie algúns fragmentos de tella curva.
 
Accesos: Saíndo de Meilás en dirección a Portela da Quinta, cóllese o primeiro camiño á dereita, tomando logo o segundo desvío á dereita.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078REF1.
- A.H.D.OU.
         Libro de Cuentas de fábrica 45-7-5.

volver a búsqueda