Forxa do Cortés

mapa ficha

Referencia:

060089

Nomenclator:

3207803

Coord. UTM:

x: 61201774 y: 466366382

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

CORTEGADA

Lugar:

Penedo, O

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións da produción industrial

Subtipo:

Ferrería

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forxa do Cortés

Descrición:

Edificio de planta rectangular, asentado sobre a propia rocha adaptándose ao desnivel do terreo, con muros de cachotería en seco e cuberta con armazón de madeira a unha vertente e tella curva. A fachada principal é aberta na parte superior, apoiándose o tellado en puntais de madeira. No interior, un tabique de barrotes  habilita un pequeno espazo rectangular no que se ubica a forxa. Esta ten unha entrada independente dende o exterior, situada nun lateral, sobre a que se dispón un van rectangular de ventilación.
 
No interior conserva: o fol e fornalleira, separados por unha lousa horizontal sobre a que se dispón un tabique de barrotes; a zafra ou incre, onde se bate o ferro para moldealo; a pedra de afiar; un berbiquí de ferro asentado sobre un bloque circular de granito; e, un banco de traballo coas diferentes ferramentas (tenaces, martelos, sufrideiras, limas, etc.).

volver a búsqueda