Forno da aldea de Couso / Antigo forno comunal

mapa ficha

Referencia:

060095

Nomenclator:

3207804

Coord. UTM:

x: 61823280 y: 466277531

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

FREIXO

Lugar:

Couso

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno da aldea de Couso / Antigo forno comunal

Descrición:

Edificio de planta rectangular, cimentado nun afloramento rochoso. Está levantado con cachotería de xisto en seco e presenta cuberta a dúas augas con armazón de madeira e tella curva. Os vanos están enmarcados con granito. No interior, o vaso do forno está adosado ao esquinal esquerdo e presenta o frontal recto, de perpiaño de granito, con lareira e chapilé sobre canzorros, sendo o resto da construción de xisto. Destaca no frontal do vaso do forno un rebaixe realizado nos perpiaños que vai dende a boca ata o chapilé. Á esquerda da porta de entrada existe un tendal realizado cunha grande lousa de xisto. O acceso ao interior do forno realízase por unhas escaleiras que tamén permiten a entrada a un edificio contiguo e que están cubertas pola prolongación dos tellados de ambas as dúas construcións.
 
Esta construción era o antigo forno comunal dos veciños de Couso.

volver a búsqueda