Xacemento de Outeiro das Mozas

mapa ficha

Referencia:

060104

Nomenclator:

3207804

Coord. UTM:

x: 61830079 y: 466161229

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

FREIXO

Lugar:

Freande

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento de Outeiro das Mozas

Descrición:

Castro situado ao Noroeste de Freande, a 850 m de altitude sobre o nivel do mar, nun outeiro coñecido co nome de Outeiro da Mozas, en referencia ás mouras que segundo a tradición oral alí viviron. Presenta forma circular, cun eixo máximo de 75 m., cimeira arqueada e boas defensas naturais polo Norte e o Leste. Non se observan indicios da existencia de murallas ou foxos defensivos, pero presumiblemente deberíaos ter, sobre todo na parte Sur e Oeste, onde o acceso é máis doado e as pendentes máis suaves. Na actualidade é moi difícil acceder á cima, debido á densa vexetación existente (carballos, uces e carqueixas, principalmente).
 
Segundo se recolle na ficha de Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia, nas terras de labor colindantes apareceron varias pedras de muíño e fragmentos de tégula con pestana.
 
Accesos: Á entrada de Freande cóllese a estrada local que leva á Couso. Ao pasar un cruzamento de pistas, a uns 150 m. aprox., xa se divisa o castro á dereita.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078008.

volver a búsqueda