Referencia: |
060105 |
Nomenclator: |
3207804 |
Coord. UTM: |
x: 61781324 y: 466052486 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
FREIXO |
Lugar: |
Freande |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Túmulos Megalíticos |
Subtipo: |
Túmulo Megalítico |
Etapa Histórica: |
Neolítico |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Situado na paraxe chamada "As Mamuelas", no límite parroquial entre os pobos de Freande e Freixo, nunha zona de monte baixo, localízase un túmulo megalítico, dificil de apreciar polo alto grao de erosión. O seu eixe N-S é de 14 metros e o E-O de 13,70 m. Presenta un crater de violación de 6 metros de diámetro . A vexetación de carqueixas que o rodea, non permite precisar a altura do túmulo.
Accesos: Á entrada de Freande, cóllese á esquerda a estrada local que leva a Lodoselo. Despois duns 450 m. aproximadamente, e nunha curva á esquerda, hai que desviarse por un camiño que segue de frente. Andados uns 70 m., e tras un piñeiral, córtase á dereita, en dirección Noroeste, ascendendo por unha finca. O túmulo localízase a 140 m. aproximadamente.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arquolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078012.