Xacemento da Penameiga

mapa ficha

Referencia:

060106

Nomenclator:

3207804

Coord. UTM:

x: 619304 y: 4659682

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

FREIXO

Lugar:

Freande

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Explotacións mineiras

Subtipo:

Explotación mineira

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento da Penameiga

Descrición:

Ao Sur de Freande, a 850 m. de altitude sobre o nivel do mar, sitúanse varias penachairas, entre elas a Penameiga, nas que foron explotadas vetas de casiterita para a obtención de estaño. A actividade extractiva, centrada entre os anos 1940 e 1970, realizouse principalmente na ladeira Oeste, seguindo un procedemento consistente na apertura de profundos pozos verticais e de longos túneles horizontais que, en ocasións, chegaban a comunicarse. Na actualidade, moitas destas minas foron atoadas debido ao perigo que representaban, sendo moi poucas as que quedan aínda abertas.
 
Segundo os veciños, existían varios atallos para ir dende as aldeas (Freande e Lodoselo, principalmente) ata as minas, pois os traballadores subían andando e había unha distancia de 1-2 km. Así mesmo, ao Leste de Lodoselo, na estrada local que leva cara Freande, e a 1,7 km. aproximadamente das minas, construíronse a mediados do século XX varios edificos destinados a vivenda de mineiros, e aínda hoxe se poden ver os seus restos.
 
Descoñécese se estes filóns foron explotados en épocas antigas, aínda que é razonable pensar que sí, en base á ocupación do territorio e á existencia doutras zonas próximas nas que se levou a cabo unha explotación mineira.
 
 
Accesos: En Freande, cóllese a pista asfaltada que sae no senso Sueste, por detrás da capela. Tras percorrer 1 km e chegar ao alto do monte, tómase unha pista forestal á dereita. Despois duns 600 m, e tras pasar un cruzamento de pistas, cóllese un desvío á dereita. A 300 m. xa se observan as minas na marxe esquerda, estando esparcidas ao longo de todo o camiño
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha de Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078REF-2.

volver a búsqueda