Referencia: |
060121 |
Nomenclator: |
3207805 |
Coord. UTM: |
x: 61654656 y: 465901819 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
LODOSELO |
Lugar: |
Lodoselo |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Forno |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Edificio exento de planta rectangular, con muros de perpiaño irregular combinados con cachotería e cuberta a dúas augas con tella romana. No interior, conserva o vaso do forno, rectangular, adosado ao esquinal dereito. Este presenta frontal recto, con lareira corrida e chapilé apoiado en sendos canzorros sobre a porta, e borralleira no lateral esquerdo. Á súa esquerda, existe un tendal de pedra e unha artesa de madeira moderna. No lateral dereito construíuse un pequeno forno, adosado ao antigo.