Casa Reitoral de Lodoselo

mapa ficha

Referencia:

060123

Nomenclator:

3207805

Coord. UTM:

x: 61660514 y: 465886895

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

LODOSELO

Lugar:

Lodoselo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa Reitoral de Lodoselo

Descrición:

A casa reitoral de Lodoselo está situada ao carón da Igrexa Parroquial de Santa María. Artéllase en torno a un patio interior ao que se accede por un portón situado ao Leste. A vivenda, resultado do adosamento de dous corpos perpendiculares, presenta planta en forma de L, con muros encintados con cemento que combinan perpiaños irregulares con cachotería, e distribúese en dúas alturas con cuberta de tella plana. O acceso á vivenda realízase por unhas escaleiras de dous tramos situadas no esquinal interior que conforman os dous corpos.
 
O corpo principal da vivenda, con orientación L-O, presenta unha solaina con varanda de ferro, froito do desenrolo do patín, e conserva na planta superior a lareira con cambota realizada con grandes perpiaños e apoiada nos muros e nun piar coas arestas achafranadas. Esta proxéctase cara o exterior nunha cheminea con remate ameado, de gran monumentalidade e realizada con perpiaños regulares.
 
Adosado ao corpo perpendicular disponse un forno sen edificación exterior e protexido cun pequeno tellado. Está construído con perpiaño regular e ten o frontal recto con lareira corrida, non conservando o chapilé.
 
Cerrando o patio polo lado Sur dispóñense os alpendres. Conforman estes un corpo horizontal, cun muro exterior de perpiaño irregular combinado con cachotería, estando aberto no interior e sustentándose o tellado, a unha soa auga, nos muros laterais e nun piar central  realizado con perpiaño concertado. Ao pé deste corpo existe un pozo.

volver a búsqueda