Referencia: |
060124 |
Nomenclator: |
3207805 |
Coord. UTM: |
x: 61659387 y: 465884769 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
LODOSELO |
Lugar: |
Lodoselo |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de almacenamento de auga |
Subtipo: |
Fonte |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Conxunto de fonte e lavadoiro situado ao Sur da Igrexa Parroquial. A fonte é de mina, con estrutura exterior cúbica de perpiaño, cuberta semicircular e frontal cerrado cunha porta metálica. Dos seus laterais parten sendos muros de cachotería. A fonte desauga nun lavadoiro pétreo, de planta rectangular e cuberto por unha estrutura moderna de madeira e tella francesa sostida por seis piares pétreos, que hoxe está inhabilitado ao atoar o espazo que o circunda.