Xacemento da Medorra

mapa ficha

Referencia:

060128

Nomenclator:

3207805

Coord. UTM:

x: 61707909 y: 465974730

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

LODOSELO

Lugar:

Lodoselo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Romanos

Subtipo:

Xacemento Romano

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento da Medorra

Descrición:

Na paraxe coñecida co nome da Medorra, localizada ao Noreste de Lodoselo, nun pequeno outeiriño situado a 686 m. de altitude sobre o nivel do mar, documentaouse a existencia dun xacemento romano, a tenor dos restos de tégula que quedaron á vista nun corte do terreo tras a construción dunha pequena edificación de bloques nunha das fincas colindantes na parte Sur. Trátase dun asentamento romano de chaira, situado nun pequeno outeiro coa cimeira lixeiramente arqueada, de escasa pendente, cun eixo máximo de 60 m., moi apto para o asentamento habitacional. Conta con escasas defensas naturais, presentando só no lado Leste un pequeno terraplén duns 2,5 m. de altura máxima, e non se observan restos de murallas.
 
Dende el divísanse o Monte do Viso e a Cidá de Nocelo da Pena, situados a 1,6 km. de distancia, así como unha grande parte das terras chairas de Lodoselo.
 
Accesos: En Lodoselo, na parte máis ao Leste do núcleo antigo, cóllese unha pista de terra que parte en dirección Norte. Logo de pasar un cruzamento de pistas xa se observa o xacemento á dereita da pista, nun pequeno altiño. Tamén se pode acceder por unha pista de terra que hai á dereita da estrada local que une Lodoselo con Sarreaus, quedando a paraxe á esquerda da pista, logo de pasar dous cruzamentos de pistas.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078TOP-1

volver a búsqueda