Igrexa parroquial de San Lourenzo

mapa ficha

Referencia:

060131

Nomenclator:

3207806

Coord. UTM:

x: 61764053 y: 465772115

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

NOCELO DA PENA

Lugar:

Nocelo da Pena

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Neoclásico
Igrexa parroquial de San Lourenzo

Descrición:

Edificio de planta rectangular, con muros de perpiaño regular e cuberta con tella curva. Presbiterio destacado en alzado, con tellado a catro augas con pináculos nas esquinas, e sacristía adosada ao muro Norte. Na fachada principal porta alintelada e, sobre ático, espadana de dous arcos con arquitrabes no terzo superior e frontón triangular con vano central, cruz latina florenzada superior e pináculos piramidais sobre base prismática e rematados en bolas, aos lados. No muro Sur, porta sinxela alintelada con arestas rebaixadas e panteóns adosados, destacando o da familia Becerra, propietarios do pazo de Nocelo da Pena. Por este panteón pagou D. José Becerra 400 reais (Libro 45-11-8, folio 94).
 
O adro está cerrado por un muro perimetral e alberga o camposanto.
 
En 1633, mándase, na visita pastoral de ese ano, que o corpo da igrexa se ensanche, con novas paredes de "mampostería" e os altares colaterales queden do lado da porta e que se faga o campanario para dúas campás de "cantería" e que se encargue a obra a Baltasar Rodríguez. En 1837, fanse na igrexa obras de canteiría, consistente nun arco toral novo, amplificación da capela maior que estaba máis baixa e estreita que a nave "poco segura y el arco parecia de una puerta".  Tamén se engadíron as "pirámides" sobre os catro ángulos. Otorgouse a obra a Antonio Vidal y Manuel Durán o cinco de marzo de 1837; costou 3600 reais (Libro 45-11-8, folio 138).
 
Segundo Pérez Costanti (1930), o entallador que traballou en Galicia no último tercio  do século XVI, Aymon Pouchelet, fixo para esta igrexa, na data de 11 de outubro de 1581, un retablo coa efixie do santo titular na fornela central: " y en lo alto un crucifijo y en el pedestal unas alhacenas con dos puertas para meter en ellas el servicio del altar".  No libro de visitas, ano 1580, faise o seguinte mandato: "[.. ..] por quanto en dicha yglesia no ay retablo [.. ..] hagan un retablo de nogal con sus tres tablamentos uno en el medio donde se encaje la custodia [.. ..] y los dos entablamentos de los lados para que se puedan pintarse a pinzel y sea de la echura y manera del retablo de la yglesia de Lodoselo -y ansi mismo hagan la ymagen del santo que es san Lorenzo de bulto para que este encajada en el tablamento del medio del retablo [.. ..] que lo bayan a hazer a orense" . Mándase elevar a capela que quedou máis baixa por causa do retablo (Libro 45-11-11, 20). Por facer o retablo deronselle ao Mestre Aymon Pouchelet catro ducados (libro 45-11-11, folio 30).
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
PÉREZ COSTANTI, p., Diccionario de los artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII . Santiago, 1930, p. 445.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario del Patrimonio Arquitectónico de interés histórico-Artístico do Ministerio de Cultura. 1979.
-A.H.D.OU.
        Libro de contas de fábrica, 45-11-8.
        Libro de visitas, 45-11-11.

volver a búsqueda