Referencia: |
060138 |
Nomenclator: |
3207806 |
Coord. UTM: |
x: 61790324 y: 465770415 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
NOCELO DA PENA |
Lugar: |
Nocelo da Pena |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Cruceiros |
Subtipo: |
Cruceiro |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Trátase dun curceiro que lle dá nome ao barrrio no que se sitúa e que está formado por un baseamento cuadrangular de tres chanzos; un pedestal cúbico coas arestas superiores rebaixadas; un varal de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas; un capitel troncopiramidal moi desgastado con toro e decoración de caras de anxelotes no centro de cada lado; e, rematando, unha cruz latina de sección cuadrangular con imaxes de Cristo crucificado (no lado Oeste), e da Virxe da Soidade coas mans cruzadas sobre o peito, apoiada nunha cabeza de querubín (no Leste).
Ao pé do cruceiro construíronse un bebedoiro rectangular de cemento e un pozo de bloques.