Referencia: |
060139 |
Nomenclator: |
3207806 |
Coord. UTM: |
x: 61819557 y: 465767582 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
NOCELO DA PENA |
Lugar: |
Nocelo da Pena |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Forno |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Edificio exento de planta rectangular, muros de perpiaño irregular encintados e cuberta a dúas augas con armazón de madeira e tella curva. As fiadas superiores dos muros están realizadas con cachotería e son resultado dunha reforma. No lado Leste, adosóuselle unha pequena estrutura para resgardar a leña, feita de madeira e con cuberta de fibrocemento. Unhas escaleiras con patamal desenvolvido dan acceso ao interior do edificio e permiten salvar un regato que pasa por diante da porta. O inteior, con piso de formigón, presenta vaso do forno semicircular adosado a un esquinal, con lareira e chapilé sen canzorros, e base de cachotería encintada con cemento. Ao seu lado, un tendal pétreo tamén con base de cachotería encintada con cemento e unha artesa de madeira apoiada en dúas bases pétreas. Está situado no barrio do Campo.