Referencia: |
060150 |
Nomenclator: |
3207806 |
Coord. UTM: |
x: 61860390 y: 465856560 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
NOCELO DA PENA |
Lugar: |
Nocelo da Pena |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Explotacións mineiras |
Subtipo: |
Explotación mineira |
Etapa Histórica: |
Época Romana |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Os Castelos sitúanse ao Noreste de Nocelo da Pena, sobre dous outeiros escarpados, próximos ao castro da Cidá. Neles, ao igual que nas faldas do Monte do Viso, foron explotadas vetas de casiterita para a obtención de estaño. A actividade extractiva centrouse principalmente entre os anos 1940 e 1970, e seguía un procedemento consistente na apertura de profundos pozos verticais e de longos túneles horizontais que, en ocasións, chegaban a comunicarse.
Non obstante, a cercanía do castro da Cidá e o achádego nas proximidades dunha ara romana, hoxe situada en Lodoselo (ver ficha 060129), e do acubillo da Idade do Bronce do Roupeiro fan supoñer o coñecemento desta fonte de recursos e a súa conseguinte explotación e rendabilidade na antigüdade.
Accesos: antes de chegar a Nocelo de Pena, cóllese a man esquerda unha pista de terra e, a continuación, un camiño á dereita ata o cumio do monte.
DOCUMENTACIÓN:
- Inventario e Catalogación do Patrimonio Arqueolóxico de Galicia. Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078TOP3