Referencia: |
060151 |
Nomenclator: |
3207806 |
Coord. UTM: |
x: 61818687 y: 465928931 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
NOCELO DA PENA |
Lugar: |
Nocelo da Pena |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Explotacións mineiras |
Subtipo: |
Explotación mineira |
Etapa Histórica: |
Época Romana |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
Nas faldas do chamado monte do Viso, situado ao Norte de Nocelo da Pena, e a escasos metros do Castro da Cidá, existen diversas galerías e minas nas que foron explotadas vetas de casiterita para a obtención de estaño. A actividade extractiva, centrada principalmente entre os anos 1940 e 1970, realizouse na ladeira Oeste, seguindo un procedemento consistente na apertura de profundos pozos verticais e de longos túneles horizontais que, en ocasións, chegaban a comunicarse.
Non obstante, a cercanía do castro da Cidá e o achádego nas proximidades dunha ara romana, hoxe situada en Lodoselo (ver ficha 060129), e do acubillo da Idade do Bronce do Roupeiro, fan supoñer o coñecemento desta fonte de recursos e a súa conseguinte explotación e rendabilidade na antigüdade.
DOCUMENTACIÓN:
- Inventario e Catalogación do Patrimonio Arqueolóxico de Galicia. Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA320780.