Xacemento do Roupeiro

mapa ficha

Referencia:

060152

Nomenclator:

3207806

Coord. UTM:

x: 618509 y: 4657680

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

NOCELO DA PENA

Lugar:

Nocelo da Pena

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Indeterminados

Subtipo:

Xacemento Indeterminado

Etapa Histórica:

Idade do Bronce

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Roupeiro

Descrición:

A paraxe coñecida co nome de O Roupeiro, ou O Rouferio, sitúase ao Leste de Nocelo da Pena, a 740 m de altitude aproximadamente, nunha zona de ladeira adicada principalmente a castiñeiros (se ben na historiografía se viu utilizando o nome de O Roufeiro, os veciños de Nocelo coñecen a paraxe co nome de O Roupeiro, polo que cremos maís conveniente utilizar esta última denominación).
 
A comezos do século XX, unha pastora atopou nestas terras e de maneira casual unha vasixa de barro común que fora desenterrada polas chuvias torrenciais e que contiña no seu interior 13 obxectos metálicos adscribibles á Idade do Bronce: dous puñais alabardados, un puñal de lengüeta, dous machados planos, unha punta de frecha, unha barra ou núcleo de produción publicado como perforador e seis puñais de remaches. Este conxunto, coñecido como o "Depósito do Roufeiro", foi adquirido polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 1911 e analizado por D. José Fernández Martínez, director do Laboratorio Municipal de Orense, sendo algunhas pezas incluídas en 1968 nos S.A.M.. A consecuencia directa ou indirecta do incendio da noite do 8 de decembro de 1927 no Centro Provincial de Instrucción (onde se atopaban a Biblioteca Pública e o Museo) perdeuse unha das posibles alabardas.
 
Para chegar á zona é preciso coller a pista que dende o barrio do Agrelo, en Nocelo da Pena, parte en dirección Leste e, tras 150 m., coller un camiño á dereita, quedando a paraxe a 200 m.. Tamén se pode acceder polo barrio de O Campo, saíndo polo camiño que pasa polo forno comunal en dirección Leste.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078011.

volver a búsqueda