Referencia: |
060153 |
Nomenclator: |
3207806 |
Coord. UTM: |
x: 61810072 y: 465901993 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
NOCELO DA PENA |
Lugar: |
Nocelo da Pena |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Necrópoles |
Subtipo: |
Necrópole |
Etapa Histórica: |
Idade Media |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
A paraxe do San Pedro atópase no coñecido Monte do Viso, a 1 km. aproximadamente ao Norte da aldea de Nocelo da Pena e a escasos 200 m. ao Oeste do castro da Cidá. Trátase dunha zona de ladeira, situada a 710 m. de altitude, na que existe un sepulcro antropomorfo escavado na propia rocha granítica, ao rás do solo, e coa cabeceira orientada ao Oeste. Mide 196 cm de longo por 47 cm de largo na parte dos ombreiros, sendo máis estreito nos pés. Na actualidade, presenta unha rotura no lado esquerdo froito dun intento furtivo de extracción.
Este sepulcro, xunto con outros dous que segundo os veciños se encontraban no camposanto da Igrexa parroquial de Santa María de Lodoselo -hoxe desaparecidos-, formaban parte dunha necrópole medieval situada preto da desaparecida ermida de San Pedro. Na ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunrta de Galicia, recóllese a aparición de restos de tella e dalgúns fragmentos de vasixas nas inmediacións do sepulcro que presumiblemente pertencerían á ermida.
Para chegar ao San Pedro é preciso coller a estrada local que leva a Nocelo da Pena e, antes de chegar á aldea, desviarse á esquerda por unha pista da concentración parcelaria. Ao chegar ao final desta, a 1 km aprox., tómase un camiño á esquerda e logo de pasar dous grandes penedos, outro tamén á esquerda que leva directamente ao sepulcro.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078001.