Igrexa parroquial de Santa María Madanela

mapa ficha

Referencia:

060155

Nomenclator:

3207807

Coord. UTM:

x: 61831042 y: 466479121

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

PARADIÑA

Lugar:

Paradiña

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa parroquial de Santa María Madanela

Descrición:

Edificio exento de planta rectangular, dunha soa nave, con presbiterio destacado en planta e en altura e con sacristía adosada no lado Norte. Os muros son de perpiaño encintado e a cuberta a dúas e catro augas con tella francesa. Fachada principal sinxela con porta alintelada con inscrición no lintel remarcada en vermello: "ESTA ES YGLESIA DE REFUGIO/ SAGRADO". Espadana dun só arco, con arquitrabe no arranque do arco, e sobre el frontón triangular con vano central, cruz florenzada superior e pináculos piramidais sobre base prismática e rematados en bolas, aos lados. Na fachada Sur, porta enmarcada por bandas con orelleiras nos esquinais superiores. Presbiterio con vanos abucinados nos laterais, reloxo de sol no lado Sur, entaboamento superior corrido e pináculos piramidais rematados en bolas nos esquinais do tellado.
 
O adro da igrexa está cerrado cun muro de perpiaño e alberga numerosas sepulturas e panteóns.
 
Na visita pastoral de 1648 recóllese o seguinte a propósito desta igrexa: "Visitó la Iglesia de Santa María Magdalena deste lugar y custodia  del santissimo sacramento pila bautismal y hornamentos que allo con decencia y limpieza y allo que en esta yglesia no ay crismeras par los santos oleos que se sirve con los  de santa maría de codesedo donde es anejo (.. ..) y allo que la dicha iglesia la edificaron los vecinos de paradiña y codesedo" (Libro de visitas y cuentas, 45-6-9, visita del 27 de agosto de 1648, folio 49). No apartado de mandamentos ordéase que se dote á igrexa dunhas "crismeras" para os Santos Oleos e que se faga un retablo: "con tres caxas para tres imágenes la una de santa maria madalena y la otra del angel y la otra que los vecinos quisieran".
 
Nos axustes de contas entre os anos 1657-1665 anótanse descargos para "mudar los colaterales e para pagos dos retablos de Nosa Señora e Santo Cristo".  (Libro 35-6-9, folios 64 volto-75 volto). No libro 45-6-10 da parroquia de Codesedo aparece citada como "hermita de Santa María Magdalena", feita polos veciños do lugar de Paradiña, cun contrato co abad de Codosedo para decir misa os días festivos excepto os días de Pascua. En visita do 7 de outubro de 1612 faise unha descrición do que xa se considera igrexa: "(.. ..) y el señor visitador entro en ella y no allo custodia ni el santissimo sacramento de la eucaristia  (.. ..) y aver tres o cuatro años  que se acabo de hacer la dicha yglessia del dicho lugar a su costa, y la dicha yglessia es de una nave de silleria muy bien labrada con una torrecilla de piedra  con una cruz encima  de piedra no tiene campana la covertura es toda de madera de castaño (.. ..) tiene un altar y en el la imagen de de Santa María Magdalena de vulto dorada  que es la advocación de dicha yglesia y tiene la puerta al mediodia  con su llave (.. ..)"  (libro de visitas, visita do 7 de outubro de 1612, folio 2). Nas visitas á feligresía de Santa María de Codosedo, durante o século XVIII séguese citando a igrexa de Santa María Magdalena. Na visita do 31 de outubro de 1719, recóllese que a igrexa (anexo de Codosedo) está sin crismeras para os Santos Oleos e apúntase a necesidade dun misal e manual, pois son moi vellos os que hai (Libro de visitas, 45-6-10, folio 99).
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el inventario del  Mobiliario .litúrgico de la Diiócesis de Orense. Fundación Barrié de la Maza, Pontevedra, 1983, p. 255
- JUANA de , J., A Alta Limia ( A Terra que medrou vencellada a unha lagoa). Ir Indo, Vigo, 1993, p, 104.
 
DOCUMENTACIÓN:
- A.H.D.OU.
         Libro de visitas contas da parroquia de Codosedo, 45-6-9.
         Libro de visitas da parroquia de Codosedo, 45-6-10.

volver a búsqueda