Referencia: |
060156 |
Nomenclator: |
3207807 |
Coord. UTM: |
x: 61834733 y: 466464650 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PARADIÑA |
Lugar: |
Paradiña |
Tipoloxía: |
Arquitectura Relixiosa |
Tipo: |
Cruceiros |
Subtipo: |
Cruceiro |
Etapa Histórica: |
Idade Moderna |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Cruceiro formado por un baseamento cuadrangular de tres chanzos, sendo o inferior de maior altura; pedestal cúbico coas arestas superiores rebaixadas; varal cuadrangular no inicio e octogonal no restante; capitel de escasas dimensións decorado con volutas angulares e suxeitado ao varal cunha abrazadeira de ferro; e cruz latina coas imaxes do Cristo no anverso e da Virxe das Angustias no reverso. O Cristo presenta coroa de espiñas e pano de pureza co nó á dereita e está suxeita á cruz por tres cravos, co pé dereito sobre o esquerdo e as mans abertas; sobre el a cartela co INRI. A Virxe aparece co Cristo morto sobre o colo, que ten a cabeza contra o lado esquerdo da nai.
O cruceiro está situado no centro da aldea e o seu baseamento está pegado ao muro dunha vivenda.