A Fonte

mapa ficha

Referencia:

060159

Nomenclator:

3207807

Coord. UTM:

x: 61850936 y: 466476871

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

PARADIÑA

Lugar:

Paradiña

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
A Fonte

Descrición:

Conxunto de fonte e lavadoiro situado ao Leste da aldea. A fonte é de cano, con frontal recto formado por dous perpiaños superpostos separados polo cano pétreo, tendo o perpiaño superior inscrita a data dentro dun pequeno rombo: "AÑO 1941 PÑA". Remata o frontal cunha peza circular decorada cunha coroa de loureiro. A fonte está integrada nun muro de contención e verte para un pequeno desaugadoiro pétreo que desemboca nun lavadoiro rectangular realizado con perpiaños dispostos horizontalmente e con tres dos seus lados habilitados para o fregado con perpiaños de sección triangular, tendo algúns deles xaboeiras. O conxunto está delimitado por baixos muros de lousas e cachotería.

volver a búsqueda