Referencia: |
060160 |
Nomenclator: |
3207807 |
Coord. UTM: |
x: 61789225 y: 466483341 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PARADIÑA |
Lugar: |
Paradiña |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Transformación |
Subtipo: |
Muíño |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Muíño de canle, de planta rectangular, con orientación N-S, muros de perpiaño en seco con topete na parte superior e cuberta a dúas augas con armazón de madeira e tella curva. Presenta lovada pétrea no tramo final e canle troncopiramidal con cuberta plana de perpiaños irregulares á altura do tellado. No inferno conserva o rodicio de ferro. Non se accedeu ao seu interior.
Está situado ao Oeste de Paradiña. Para chegar a el é preciso coller un camiño á esquerda que hai xunto ás primeiras casas da aldea e torcer logo outra vez á esquerda. Despois de 320 m. hai que desviarse por outro camiño á dereita que leva directamente ao muíño.