Referencia: |
060161 |
Nomenclator: |
3207807 |
Coord. UTM: |
x: 61788206 y: 466463987 |
Concello: |
Sarreaus |
Parroquia: |
PARADIÑA |
Lugar: |
Paradiña |
Tipoloxía: |
Xacementos Arqueolóxicos |
Tipo: |
Túmulos Megalíticos |
Subtipo: |
Túmulo Megalítico |
Etapa Histórica: |
Indeterminada |
Estilo Relevante: |
Indeterminado |
Descrición:
A Cenradela sitúase ao Suroeste da aldea de Paradiña, a 880 m. de altura sobre o nivel do mar, nun pequeno val rodeado de prados e montes, e agarimado polo Outeiro da Lama, o Porteixao, o Caciño Vello e a Vidueira. Esta paraxe conserva na toponimia a existencia dun posible xacemento do que non se observa vestixio ningún.
Accédese por un camiño que parte en dirección Oeste, dende a aldea de Paradiña. Despois de andar 300 m., xa se atopa a paraxe, á esquerda.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32078TOP4.